Os que vivides seguros
nos vosos cálidos fogares
os que vos atopades, ao volver, á tardiña
a comida quente e os rostros agarimosos:
considerade se é un home
o que labora na braña
o que non coñece a paz
o que loita por un anaco de broa
o que morre por un si ou por un non.
considerade se é unha muller
a que non ten cabelo nin nome
nin forza para o lembrar
baleiro o ollar e frío o regazal
coma unha ra na invernía.
Pensade que isto aconteceu:
Encoméndovos estas verbas.
Esculpídeas nos vosos corazóns
ao estardes na casa, ao irdes polos carreiros,
ao vos deitar, ao vos erguer;
repetídellas aos fillos.
Ou que a vosa casa se esborralle,
a enfermidade vos imposibilite,
os vosos descendentes vos viren o rostro.
PRIMO LEVI
(Traducción de Noelia Balado)