Deportados Coruñeses

Que son os Stolpersteine

O PROXECTO

O proxecto Stolpersteine é unha iniciativa artística iniciada en 1990 polo artista alemán Gunter Deming, coma homenaxe a calquera que fora perseguido ou asesinado polo réxime nazi entre 1933 e 1945, independentemente da súa relixión, raza ou sexo, en forma de adoquines conmemorativos, xeralmente colocados diante da vivenda onde residiu esta, ainda que cando non é posible identificar o lugar de residencia, colócanse en lugares simbólicos da cidade.

Cada adoquín representa a unha vítima, e o 26 de maio de 2023, poucas semanas antes da súa instalación na Coruña ,instalouse en Nuremberg o stolperstein número 100.000, sendo considerado o monumento descentralizado máis grande do mundo.

Están presentes en máis de 1.200 vilas de Alemaña, así coma en Austria, Bélxica, Croacia, República Checa, Finlandia, Francia, Grecia, Italia, Reino Unido, Irlanda, Hungría, Lituania, Letonia, Serbia, Moldavia, Luxemburgo, Países Baixos, Noruega, Suecia Polonia, Rumanía, Rusia, Eslovaquia, Eslovenia, Suiza, Ucraína e tamén en España.

Trátase dun proxecto internacional que conta xa con máis de 50.000 Stolpersteine repartidas por distintas cidades e países de Europa.

No noso país, 9.328 personas estiveron recluidos en campos de concentración nazi, en lembranza de eles, están colocadas máis de 500 placas en máis de 80 localidades de Andalucía, Asturias, Illas Baleares, Castela-A Mancha, Castela e León, Cataluña, Extremadura, País Vasco e Galicia.

A obra de Gunter Deming trascendeu ao propio artista; desde 2015, a Fundación Stolpersteine dirixe e organiza o proxecto Stolpersteine, e encargarase de xestionar a obra.

O Stolperstein

Stolperstein tradúcese coma “pedra que che fai tropezar” e fai referencia o tropezó emocional de atopar unha delas e percatarte de que alí estivo unha vítima do nazismo, en moitos casos descoñecida ata o momento.

Estas pedras son un adoquín de 10x10cms cunha pequena placa de latón, onde vai unha inscripción, que se coloca no chan, lixeiramente sobresainte; en palabras do artista: “Quen quera ler a inscripción do stolperstein deberá inclinarse ante a vítima”.

Cada stolperstein é elaborado pola Fundación Stolperstein previo encargo de cada unha das cidades onde existe constancia que naceron ou viviron deportados. Esta elaboración é puramente artesanal, grabando cada inscripción letra a letra, en contraposición cos métodos industriais de eliminación no nazismo (pódese ver o proceso de elaboración nesta ligazón). Inicialmente era o propio Gunter Deming quen grababa as placas, pero co aumento de pedidos e as súas continuas viaxes este traballo recaeu no estudio de Michael Friedrichs-Friedlaender en Berlín.

A inscripción

A Fundación Stolpersteine,co obxetivo de homoxeneizar as pedras, regula o texto de 10 liñas e 24 caracteres por liña.

O PROXECTO NA CIDADE DA CORUÑA

Coruña non foi allea á barbarie do nazismo, 17 veciños da nosa cidade viviron nas súas carnes o inferno dos campos de concentración nazis, tan so 5 puideron sobrevivir.

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) impulsa xuntoco Concello de A Coruña a colocación de 17 stolpersteine na cidade en recordo a estes veciños; O 19 de xullo de 2023, colocáronse as seis primieras stolpesteine de Galicia nun acto que contou coa presenza do propio artista impulsor da iniciativa, Gunter Deming, dos familiares das vítimas, da alcaldesa da cidade e os representantes dos grupos municipais , e numersoa veciñanza.

Ligazons de interese:

Páxina web do proxectostolpersteine

Vídeo do proceso de elaboración dos stolpersteine (en alemán con subtítulos en inglés)

Charla TED de Gunter Deming no ano 2013 (audio en alemán con subtítulos en Español)

Conta de X que adícase o seguimento dos Stolpersteine en España

Documental sobre as Stolpersteine e a súa colocación en Ciudad Real elaborado pola UNED

TikTok que explica en 5 minutos os Stolpersteine

Vídeo sobre como limpar os Stolpersteine (en alemán)

Cómo pronunciar Stolpersteine

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad