Deportados Coruñeses

Víctor San Miguel Prado

O ferroviario leonés veciño da rúa Fernández Latorre

Víctor San Miguel Prado naceu na provincia de León en 1914. Era fillo de Melchor San Miguel Yáñez de Arganza (León) e de Asunción Prado López nacida en Sarria (Lugo).
Dende o ano 1920 a familia vivíu na Coruña. No ano 1930 Victor San Miguel Prado aparece residindo na rúa Fernández Latorre, 122, 3º xunto ao seu pai, á súa nai e aos seus irmáns Amparo e Arturo. Vinte anos depois recibiron, nese mesmo enderezo, a misiva do sucedido a Victor
Estaba solteiro e era ferroviario de profesión, coma o seu pai.
Descoñecemos da súa vida ata o ano 1939. Sabemos que foi exiliado en Francia trala guerra española. Formou parte da Compañía de Traballadores Estranxeiros (CTE 29) asignada o 28 de abril de 1939, en Barcarès, ao 5º exército, ao qu lle correspondía a rexión de Lorena, na zona da Liña Maginot.
Detidos polos alemáns no Frontstalag 140 de Belfort (Francia), foi levado como prisioneiro de guerra ao Stalag XI-B de Fallingbostel (Alemaña).
O 27 de xaneiro de 1941, Víctor San Miguel entrou no campo de concentración de Mauthausen e foi enviado ao subcampo de Gusen. Morreu o 10 de xaneiro do 1942.

Prensa

https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2024/05/09/ao-rescate-da-historia-deportados-102120486.html

Documentación

Documento de defunción de Mauthausen ITS Arolsen

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad