Deportados Coruñeses

Víctor Manuel Conde Núñez

O cociñeiro da Mariña Mercante que sobrevivíu ao campo

Naceu na Coruña o 18 de xaneiro de 1903. Fillo de Rosa e Andrés, quen era carpinteiro. Vivían na Vereda do Cementerio.

Víctor Manuel casou con Palmira Fernández Prego, tiveron tres fillos: Rosa, Víctor e Andrés.

Víctor Manuel traballaba na Mariña Mercante como axudante de cociña. Era anarcosindicalista e, con toda probabilidade, afiliado ao Sindicato de Enfermeiros, Camareiros e Cociñeiros Marítimos “La Cosmopolita” da CNT coruñesa.

O 12 de decembro de 1936, estando embarcado, decide abandonar no porto de Liverpool e dirixirse a Barcelona.

Tralo final da guerra de España, seguindo o destino da maioría dos españois, exiliouse a Francia e o internaron en Sant Cyprien. O 23 de decembro de 1939 foi enrolado forzoso no 5º Regimiento, 114 Compañia de Trabajadores Españoles con destino á Liña Maginot.

O 27 de xullo de 1940 o fixeron prisioneiro, enviado á prisión XII-D de Trier e deportado a Mauthausen o 25 de xaneiro de 1941, xunto ao seu compañeiro do vapor Órbita, Arturo García Lagares e o coruñés Adrián del Castillo. Máis tarde foi levado a Gusen.

Malia o sufrimento na vida no campo de concentración, Victor Manuel Conde Núñez logrou sobrevivir e foi liberado o 5 de maio de 1945.

Voltou á súa querida Coruña.

Documentación

Tarxeta subcampo Gusen. ITS Arolsen

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad