Deportados Coruñeses

Martín Ferreiro Álvarez

O concelleiro que cría no ben común

Naceu o 13 de setembro de 1892, no lugar de Outeiro, no Val de Quireza (Cerdedo, Pontevedra). Fillo de canteiro, trasladouse sendo moi novo á cidade de A Coruña, onde se vencellou ao ramo da construción. Casou con Palmira Ramil, con quen tivo cinco fillos. Participou na vida republicana da cidade e foi elexido concelleiro do Partido Republicano Radical-Socialista no ano 1931 e en 1936 con Unión Republicana, baixo a alcaldía de Alfredo Suárez Ferrín.

Seguindo o seu ideario, foi deixando mostras do mesmo coa defensa do sufraxio popular, do laicismo ou da municipalización dos servizos públicos básicos.
Tras tentar opoñerse activamente ao golpe de Estado de Xullo de 1936 tivo que fuxir. Pasou polo campo de Saint Cipryen e a remates do ano 39 integrouse nas Compañías de Traballadores Estranxeiros (CTE).

Durante a súa estadía en Francia, comunicouse coa súa muller e os seus fillos repetidas veces dando conta da súa preocupación por eles, mais tras o avance das tropas alemás foi capturado pola Wehrmacht, posiblemente, en xullo de 1940 e enviado ao campo de prisioneiros ou Stalag V-D, perto de Estrasburgo.

Foi deportado ao campo de concentración de Mauthausen en decembro do ano 1940 co número de prisioneiro 4983. Apenas un mes despois, foi levado ao subcampo de Gusen (nº 9229) onde, como consecuencia das extremas condicións de vida e dos traballos forzados aos que eran sometidos, faleceu en novembro dese mesmo ano 41.

A familia non foi informada da súa morte. Porén recibiu unha sentenza do Tribunal de Responsabilidades Políticas, de xaneiro do 42, na que se lle condenaba a 12 anos de inhabilitación e desterro, así como ao pago dunha multa.

Prensa

José Luis Alamán Ferreiro, nieto del deportado de A Coruña Martín Ferreiro: «En Mauthausen, meu avó morreu nos brazos doutro galego»

Familiares de los gallegos víctimas del genocidio nazi: «Dáche emoción ler o seu nome. Unha emoción triste»

Documentación

Acta de defunción en Mauthausen. ITS Arolsen

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad