Deportados Coruñeses

Luís Rafales Lamarca

Deportación e morte

Luís Rafales Lamarca naceu na Coruña o 5 de setembro de 1917. O seu pai, Ernesto Rafales Rodríguez era natural de Sevilla e auxiliar de oficinas de Artillería. A súa nai, Ester Lamarca Rodriguez, era nada en Valladolid. Tiña dous irmáns, Ester e Ernesto.
Vivían na rúa da Torre e, xunto coa familia, trasladouse a Madrid.
Trala guerra civil, a súa sorte foi a mesma que a de moitos que trataron de escapar da ditadura marchando para Francia. Alí acabou como refuxiado no campo francés de Argelès co resto da familia, e tivo que unirse a unha Compañía de Traballadores Estranxeiros.
Tamén o seu irmán Ernesto houbo de exiliarse, mais tivo mellor sorte xa que sobrevivíu ao conseguir ser refuxiado na URSS.
Durante a II Guerra Mundial, Luís Lamarca foi feito prisioneiro e levado ao Stalag Xll-B de Frankenthal para ser deportado dende Stuttgart ao campo de Mauthausen o 24 de Maio de 1941, co número de matrícula 5818.
En agosto de 1941, o campo de Mauthausen responde a unha petición da Cruz Vermella alemá para coñecer o paradeiro de Luís Rafales. A persoa que preguntaba por el, o señor F. Porras, o seu cuñado, facíao desde Sarlat, en Dordogne (Francia).
A pesar diso, os seus días estarían contados, pois o 9 de setembro do mesmo ano sería asasinado na cámara de gas en Hartheim.

Documentación

Documento de entrada en Mauthausen. ITS Arolsen

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad