Deportados Coruñeses

Leopoldo López Criado 

O metalúrxico do Campo da Leña

Nacido na Coruña, no Campo da Leña, o 25 de xullo do ano 1905.
A familia mudouse a vivir á rúa Santiago número 15, 3º. O seu pai, Eusebio López, viúvo, e as irmáns, María Luisa, nacida no 1913, Ana María, nacida no 1915 e a tía, irmá da nai falecida, Máxima Criado Alonso, nacida no 1890. Tamén tiña outro irmán, Domingo.

Estaba solteiro e era metalúrxico de profesión.

A familia soubo que marchara a Madrid, pero nunca volveu saber máis nada. 

En Francia foi capturado polos alemáns e levado á prisión de Wiebelsheim (Alemaña). Dende Trier enviarono en tren ao campo de concentración de Mauthausen, onde chega o 14 de maio de 1941.
Rexistrárono co número 3391 para ser trasladado, cinco meses despois, o 20 de outubro, ao subcampo de Gusen, onde morreu o 3 de novembro de 1941.

Prensa

https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2024/05/09/ao-rescate-da-historia-deportados-102120486.html

Documentación

Tarxeta do subcampo Gusen. ITS Arolsen

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad