Un intelectual en Hartheim
Nace en outubro de 1898 na Coruña e inicia os seus estudos universitarios no curso 1915-16. Comeza a publicar en 1920, centrando a súa produción literaria en torno á poesía, á prosa poética e á crítica literaria. Publica ininterrumpidamente ata o ano 28.
Republicano de esquerdas, frecuenta os círculos literarios da época, onde coñece, entre outros, a Castelao, Dieste, Blanco Amor, Gómez de la Serna, Unamuno, Alberti, Max Aub, Francisco Ayala, Azorín, Rubén Darío ou Borges.
Membro non numerario da RAG, publica a meirande parte da súa obra na revista Alfar, que chega a dirixir na ultima etapa da publicación.
Na década dos 30 comeza a impartir docencia en diversos Institutos en toda España.
Trasládase a Madrid e no 36 apúntase voluntario no batallón do seu sindicato de ensino, a FETE, incorporado á I Brigada Internacional, ás ordes de Ramón J. Sender.
De Madrid marchará a Valencia no 5º Rexemento das Milicias Populares encabezadas por Antonio Machado e de aí a Barcelona. Durante este tempo continúa a impartir docencia e colabora con revistas ao servicio da causa republicana.
Coa caída de Cataluña pasa a Francia, onde é internado nun campo de prisioneiros en Angoulême.
Foi trasladado a Mauthausen o 4 de agosto do 1940, sendo asasinado 13 meses despois.
Foi gaseado no castelo de Hartheim o 26 de setembro de 1941.
Prensa
https://cadenaser.com/galicia/2023/09/29/el-intelectual-juan-gonzalez-del-valle-tiene-ya-un-stolpersteine-junto-a-su-casa-natal-en-padre-feijoo-radio-coruna/
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2023/09/29/juan-gonzalez-valle-corunes-contrajo-grave-enfermedad-escribir-gaseado-hartheim/00031695981696762827587.htm
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2023/10/29/memoria-poeta-olvidadola-xunta-otorga-mencion-excelencia-tres-masteres-udc-usc/0003_202310G29P16991.htm
https://www.tercerainformacion.es/articulo/memoria-historica/05/10/2023/publican-la-biografia-del-republicano-deportado-corunes-juan-gonzalez-del-valle/
Documentación
Dos españois asasinados en Hartheim. Data de chegada, traslado a Gusen e data da morte. ITS Arolsen