Sobrevivente a tres campos de concentración
Nado en A Coruña, o 28 de abril de 1917. O seu pai, José Rubio Rubite (Granada), era carabineiro de Infantería e a súa nai, Adela Delgado Salario, era natural de Almuñécar (Granada).
Quedou orfo cun ano de idade por causa da cólera que azotaba España, así que o neno José Rubio marcha vivir cunha tía na provincia de Granada.
Integrouse no corpo de carabineros o 1 de maio de 1935 e con 18 anos foi destinado a Vera de Bidasoa.
Cando se producíu o golpe de estado marcha a Donosti e intégrase nas filas republicanas co grao de capitán na 3ª Brigada Mixta. José Rubio Delgado estivo en outubro do 1936 en Pozuelo de Alarcón, Córdoba e Pozoblanco. Voltou logo a Madrid. En maio de 1937 estivo en Barcelona e no 1938 na fronte do Segre.
Pasou a fronteira de Francia cara a Port Bou o 16 de febrero de 1939 e foi ingresado no campo de Barcarès.
Entrou a formar parte do XI Rexemento de voluntarios estranxeiros do exército francés en outubro dese mesmo ano.
Foi apresado en agosto de 1940 e permaneceu no stalag de Trutzhain (Alemaña) dende o 4 de setembro de 1940 ata abril de 1941, deseguido, ingresa nas prisións da Xestapo en Kassel (Alemania), Frankfurt, Nuremberg e Munich.
O 29 de abril de 1941 foi conducido en tren dende Ziegenhain para ingresar en Mauthausen .
Este campo non foi o seu último destino, pasou tamén por Dachau dende o 9 de novembro de 1942 ata o 24 de marzo de 1944, para, despois, ser trasladado en marzo de 1944 a Buchenwald.
A pesar de todo sobrevivíu.
Foi liberado e repatriado a Francia o 3 de maio de 1945.
En Saint-Laurente-de la Salanque coñece a Dolores Rius e volve do exilio no ano 1959 para residir en Gironella (Barcelona).
Finou o 3 de xullo de 1992.

Documentación
Documento de entrada no campo de Buchenwald. ITS AROLSEN
