Deportados Coruñeses

José Martínez Cacheiro

Dende A Pasaxe ao exterminio

José Martínez Cacheiro nace o 16 de agosto de 1901 no lugar da Pasaxe, parte do antigo concello de Santa María de Oza.  A súa nai era dese concello, mentres que o seu pai era xornaleiro e natural de Culleredo.
José Martínez Cacheiro estaba solteiro e figuraba como cociñeiro con residencia en Cartagena.
Chegou a Francia como refuxiado tras o remate da Guerra Civil Española.
Incorporouse á loita na Segunda Guerra Mundial e formou parte da Compañía de Traballadores Estranxeiros (CTE). O 1 de marzo de 1940 foi asignado ao exército en Dauphine Savoie e recorreu Parpaillon, Chapelle St Roch à La Condamine e Meurthe et Moselle.
Foi apresado polos alemáns. Primeiro enviárono ao frontaslag 140 de Belfort, en Francia. Máis tarde ao stalag VI-C de Bathorn, en Hoogstede, en Alemaña, co número de prisioneiro 8213.
Ingresa no campo de concentración de Mauthausen o 22 de xullo de 1941. A matrícula era o 3299.
Pouco tempo resistiría baixo as duras condicións que alí se daban. O 20 de outubro do mesmo ano trasladárono ao subcampo de Gusen, onde morreu o 23 de novembro de 1941.

Documentación

Tarxeta Gusen. ITS AROLSEN

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad