De Peruleiro a Mauthausen
Naceu no barrio de San Roque o 19 de setembro de 1907. De familia modesta, de moi novo foi vivir coa avoa e dúas tías, unha cigarreira e a outra modista. Elas posibilitáronlle que puidera ir á escola e que vistira elegante.
Cando o golpe de Estado José marcha, axudado polas tías, e deixa a familia, unha moza e unha filliña de catro anos.
En 1936 aparece nas listas de recrutamento do instituto de Carabineiros publicada na Gaceta da República e no boletín oficial da provincia de Madrid.
Coa ciída da República e o exilo en Francia, foi retido no campo de refuxiados de Argelès-sur-Mer e máis tarde, o 16 de xuño de 1939 , trasladado ao Campo Vernet d’Ariège.
Incorporado á Segunda Guerra Mundial, pertenceu á Compañía de Traballadores Estranxeiros (CTE) número 39.
Ao perder a guerra, os membros do exército foron capturados e José Albedro foi levado ao stalag XVII-B en Krems-Gneixendorf co número de prisioneiro 30998.
Desde alí foi deportado ao campo de concentración de Mauthausen o 19 de Decembro de 1941, no que sobreviviu pouco máis dun ano.
Faleceu ou 24 de xaneiro de 1943 no subcampo de Gusen.
Documentación
Libro de Rexistro KZ Mauthausen. ITS Arolsen