Deportados Coruñeses

Francisco Tallón Charlón

Ver morrer ao irmán e non voltar nunca

Francisco Tallón Charlón naceu o 23 de xaneiro de 1916 na Coruña, na rúa da Franxa 21, sendo o seu pai natural de Outeiro de Rei e a súa nai de Betanzos.

En 1925 xa vivía en Barcelona, cursando estudos primarios, de soldador eléctrico e cerralleiro, profesión esta última á que se adicará ata outubro de 1937, cando se une ao exército republicano.

Unha vez perdida a guerra, marcha a Francia. Estivo internado nalgún campo de concentración e uniuse á Compañía de Traballadores Extranxeiros nº 8, que a comezos de marzo de 1940 foi asignada ao 6º exército, na rexión de Dauphine e Savoia. A compañía foi capturada polos alemáns e Francisco detido no frontStalag nº 140 en Belfort.

Sabemos que en xuño de 1940, Francisco é enviado como prisioneiro de guerra ao StalagXI-B en Fallingbostel, onde coincide co seu irmán Enrique. Alí permaneceu ata o seu traslado ao campo de Mauthausen, o 27 de xaneiro de 1941.

A pesar da dureza das condicións, Francisco conseguiu sobrevivir ata a liberación do campo, o 5 de maio de 1945, mentres que os alemáns acabarían coa vida do seu irmán Enrique en menos dun ano desde a súa entrada.

Desde xuño do 45 ata marzo de 1948 traballa para a USFA (Forzas Estadounidenses en Austria), permanecendo así neste país, primeiro en Wels e despois en Weizenkirchen, de onde é a súa muller, Anna Hummer, coa que casará o 16 de setembro de 1947. O 8 de abril de 1948 teñen unha filla, Anna-Rosita Tallón. Nese momento xa Francisco volvera a súa profesión de cerraxeiro na localidade de Linz.

Faleceu o 10 de decembro de 1983 na localidade austríaca de Linz.

Documentación

Solicitude de Asilo. UNRRA

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad