Traballador na Alemaña nazi e prisioneiro en tres campos de concentración
Emilio Rodríguez naceu na Coruña o 30 de xullo de 1913, fillo de Balbina Pérez Jardón e de Bienvenido Rodríguez Magadán, policía oriundo de Grandas de Salime (Asturias). O seu pai, con diversos destinos no norte, nos tempos da República foi destinado a Oviedo.
Emilio empezou a traballar de mecánico. Cando se produce o golpe de Estado, o seu pai estaba destinado en Santander e foi trasladado a Asturias onde foi asasinado por algún comité; seguramente, por representar as forzas que reprimirán a Revolución de 1934. O 30 de xulio de 1936 foi asesinado en Sama de Langreo.
Non obstante, Emilio incorpouse ao bando republicano. Pasou parte do conflito en Valencia no corpo de enxeñeiros. Alí foi apreixado e levado ao campo de concentración de Porta-Coeli, xunto con 1.500 presos republicanos. Posteriormente foi posto en liberdade e levado a Madrid para realizar o servicio militar en Cuatro Vientos, Despois de pasar tempadas coa nai en Sahagún de Campos traballando no almacén de fariñas, vai a Oviedo onde contrae matrimonio.
No ano 1941, Emilio Rodríguez foi un dos dez mil españois que emigraron a Alemaña para traballar nas fábricas do Reich. Empezou a traballar na industria química IG Farben, situada en Bitterfeld, ao norte de Leipzig.
Despois dunhas semanas en Alemaña, Emilio Rodríguez foi detido pola policía por comentarios opostos a Hitler, esta falta menor fixo que, como decenas de obreiros españois, fora levado a un campo de concentración para ser “reeducado”. Isto acabou converténdose nun periplo de tres anos. O goberno español non fixo nada por axudar.
Foi detido en Halle e de contado, enviado a Buchenwald el 2 de abril de 1942. Foi dos primeiros españois internados neste campo. En agosto de 1942, foi enviado ao subcampo de Berlstedt. Retornou despois de seis meses a Buchenwald. O 2 de marzo de 1943 foi levado a Dachau. A finais de 1944, fue reenviado a Buchenwald e dalí a Berlstedt.
Sobreviviu cando o campo foi liberado polos ingleses o 11 de abril de 1945.
Tivo que ser hospitalizado en Braunschweige e en París. Volve a España enfermo, pero foi castigado a traballar no Servicio Nacional de Regiones Devastadas. Vivíu o resto da súa vida en Oviedo, cunha saúde precaria.
Documentación
Tarxeta de prisioneiro