Deportados Coruñeses

Eduardo Sánchez García

O veciño do Campo de Artillería que sobrevivíu a Mauthausen

Eduardo Sánchez García naceu na cidade da Coruña, no Campo d Artillaría, en xaneiro de 1913. O seu pai, Rafael Sánchez Seoane, de profesión zapateiro, e a súa nai, Rosa García vivían no Campo da Artillería número 12.

Era fundidor de metal.

Incorporouse ao exército republicano en Asturias.

Cando marchou a Francia, chega a Perpiñán, onde se alista como voluntario, entre o 1 de setembro de 1939 e xuño de 1940 ao Rexemento de Marcha Estranxeiro destinado á 5ª Rexión militar, participando na Guerra Mundial.

Apreixado polos alemáns, foi levado prisioneiro ao Stalag VII-A de Moosburg.

En Munich foi conducido no tren ata a súa deportación en Mauthausen, onde chegou o 31 de agosto de 1941.

O 29 de setembro do mesmo ano levárono ao subcampo de Vöcklabruk.

A pesar da dureza do campo, conseguíu sobrevivir ata a liberación de Mauthausen o 5 de maio de 1945.

Eduardo Sánchez García refixo a súa vida en Francia, en Perpiñán, onde faleceu o 26 de marzo de 1990.

Documentación

Ficha de entrada no subcampo de Vöcklabruk. ITS AROLSEN

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad