Do Hospital da Caridade ao “Convoi dos 927”
Clemente Juan de la Cruz García foi inscrito o 23 de novembro de 1910 no Hospicio da Coruña do Hospital da Caridade. “Cando chegou estaba vestido cunha camisa de algodón cunha tira bordada, gorro, tamén, con tira bordada, chambra de percal branco e envolto nun trapo”
Con 7 anos de idade, o 20 de decembro de 1917 ingresa na Casa da Misericordia, onde vivirá ata febreiro de 1932.
Cando marcha da Coruña estaba solteiro.
Entra na Mariña de Guerra e participa na fronte republicana.
Tivo que exiliarse en Francia e foi recluido no campo de Rivesaltes, nos Pirineos Orientales, no ano 1940, xunto con quince mil españois.
Participou na II Guerra Mundial. Foi prisioneiro no Frontstalag 184 de Angulema en Francia e transportado, xunto con centos de españois, no terrible “convoi dos 927” que deambulou sen rumbo varios días á espera de axuda e que, finalmente, dirixiron a Mauthausen.
Ingresou no campo de Mauthausen o 24 de agosto de 1940 e trasladaárono a Gusen en agosto do ano seguinte.
Posteriormente en Harteim foi asasinado o 14 de setembro de 1941.
Non foi comunicada a súa morte. Non tiña familia.
Prensa
https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2024/05/09/ao-rescate-da-historia-deportados-102120486.html
Documentación
Carta de defunción Ministerio Francés
Acta Defunción de Mauthausen. ITS Arolsen