Deportados Coruñeses

Adrián del Castillo Soutelo

O sindicalista que marchou a loitar pola República

Adrián del Castillo naceu o primeiro de marzo de 1906, na rúa Santo André, 169 da cidade herculina. Foi nesta casa onde residíu os primeiros anos da súa vida, xunto a súa nai, a avoa e dous tíos maternos. O pai, Gabino del Castillo, era natural de Peñalver (Guadalaxara) e a nai, Manuela Soutelo Vázquez, de A Coruña .
No 1924, cando Adrián contaba cuns 18 anos e era estudiante, trasladouse a vivir coa familia de Dolores Núñez García e os seus fillos Consuelo, Mercedes e José Landín Núñez, na rúa Orzán 193.
Adrián era tamén coñecido como Adriano e polo seu apodo Chacón. Era militante da CNT, tesoureiro do Partido Sindicalista, socio de Germinal e activista libertario.

O 5 de xullo de 1937 conseguiu fuxir, xunto a outras dezaoito persoas, agochado nun dos catro barcos que foron secuestrados coa axuda dalgúns dos seus tripulantes: o Rita Esperanza, o Lourdes, o Fragio nº 1 e o Fragio nº 2. Chegaron ao porto de Brest, en Francia. Dende alí se dirixiron cara ao Levante español.

Seguramente, tras loitar na Guerra Civil, a súa traxectoria foi a mesma ca da maioría dos españois que tiveron que exiliarse a Francia como refuxiados e unirse a loitar na Segunda Guerrra Mundial.

Capturado polos alemáns, foi levado en outubro de 1940 ao stalag XII-D de Trier.

Tras pasar polo subcampo de Gusen, levárono a Hartheim, onde foi asasinado na cámara de gas o 24 de setembro de 1941. 

Documentación

Carta de defunción do Ministerio francés de Antiguos Combatientes e Vítimas de guerra.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad