A chegada dos nazis ao poder en Alemaña tivo como consecuencia, entre outras moitas, a rápida posta en práctica de políticas de eliminación dos seus rivais políticos. Acudiuse á creación dos chamados campos de concentración que acolleron nos anos 1933 e 1934 a milleiros de membros da oposición comunista e socialdemócrata especialmente. Estes campos situados inicialmente en lugares inespecíficos como fábricas e recintos abandonados ouantigasprisións, estaban controlados por diversas autoridades, pertencentesás SA e SS, e non tiñan unhaestrutura común de funcionamento. Foi a partir de 1934 cando Himmler procedeu á homoxeneización do seufuncionamento situándoos baixo o control exclusivo das SS e adoptando o de Dachau como modelo a seguir. Ademais pasaron a converterse en lugar preferente para acoller deportacións en masa de minorías étnicas (xudeos, xitanos) ou de elementos considerados perigosossociais, entendendo por tales a rivais políticos, persoas con eivas físicas oumentaisou da máisbaixa extracción social. Pódese dicir que se institucionalizaron e adoptaron trazos comúns como situarse fóra das cidades e ubicarse nas proximidades de canteiras, minas e fábricas para que o elevado número de presos que acollíanpuidese ser utilizado como man de obra. Na práctica convertéronse en auténticos campos de exterminio dada as extremas condicións de vida e os durísimos traballosaos que era sometida a súa poboación. A macabra lista de campos non parou de se incrementar: Buchenwald, Sachsenhausen, Mathausen, Ravensbrück,… Durante a Segunda Guerra Mundial creáronsenovos campos -Neuengamme, Auschwitz, Birkenau, Treblinka,…- que acolleron numerosos prisioneiros de guerra e foron escenario da denominada solución final para o xenocidio xudeo. Diferentes historiadores cifran en dazasete millons de persoas asasinadas..

Ligazóns de interese
Documental “Campos de resistencia”
Testemuña de Mercedes Núñez Targa, deportada moi ligada a Galicia
Taboas de identificación dos prisioneiros
Versión en español das taboas de identificación dos prisioneiros

Buchenwald
Buchenwald, Alemaña
Ligazón web

Struthof-Natzweiler
Francia



