Publicaciones editadas por la ARMH sobre deportados coruñeses

«ELEXÍA, JULIO MARTÍNEZ ARIAS. Da Porta de Aires da Coruña ao aire de Mauthausen»
Autor: Francisco Xosé Fernández Naval
Julio Martínez Arias nace na Coruña, en 1910. Marcha a Madrid a traballar e estudar e logo a Barcelona, onde ingresa no exército republicano. Nel loitará durante toda a guerra, sempre nos arredores dos lugares emblemáticos da Batalla do Ebro.
Msrcha cara o exilio e será ihnertnado no campo Le Barcarés. Ingresa no exército francés. Ferido en combate, vivirá os seus últimos meses en hospitais militares alemáns e nos Stalags ou campos de prisioneiros do exército alemán, ata o seu traslado a Mauthausen, onde é asasinado o 7 de setembro de 1940.
O libro recolle tamén a interesante correspondencia co presbitero e Joseph Pierre Charles Charretier, na localidade de Rosny-sous-Bois, onde ilustra moitos dos padecmento de Martínez Arias
Francisco Xosé Fernández Naval
Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación. Poeta e narrador, traballa os variados ámbitos da escrita: novela, relato, poesía, literatura infantil e xuvenil, ensaio, literatura da natureza e de viaxes, teatro, guións de cine e televisión e colaboracións en publicacións colectivas, xornais e revistas galegas, españolas, portuguesas e americanas.
Ten máis de cincuenta libros publicados e numerosos galardóns. A memoria é elemento esencial da súa literatura, entendida dende o punto de vista persoal, familiar, histórica e do territorio.
Libro editado pola ARMH e a Deputación da Coruña

«Deportados da cidade da Coruña a campos nazis»
Autores: David Lozano González e Adriana Pereiro Álvarez
A ARMH traballa para investigar, visibilizar e homenaxear aos deportados galegos aos campos de concentración nazis, recuperando as súas historias e atendendo ás súas familias..
Tralo golpe de Estado en 1936, moitos galegos fuxiron a Francia buscando liberdade, pero acabaron en campos de refuxiados, no exército francés ou na Resistencia. Como prisoneros de guerra foron enviados a stalags como Estrasburgo, Trier ou Fallingbostel. A pesar das peticións de repatriación feitas polos alemáns, o goberno franquista abandonounos ao seu destino.
En total, máis de douscentos galegos compartiron este destino. Entre eles vintetrés homes da cidade da Coruña. Con ese libro, rescátanse as súas historias. Cada un destes nomes representa unha vida truncada, cuxa memoria merece ser recoñecida e dignificada, asegurando o recoñecemento social e histórico que se lles debe.
Adriana Pereiro Álvarez é licenciada en Humanidades pola Universidade de Oviedo no ano 2015, e especializouse en Patrimonio en 2016. Traballou en varios arquivos e bibliotecas con documentación histórica. Conviviu durante un ano en Irlanda con persoas en situación de vulnerabilidade.
Levou a cabo investigacións sobre represaliados durante a Guerra española e a ditadura franquista e presidiu conferencias e mesas redondas sobre represión e mulleres. Actualmente está realizando diversas investigación sobre deportados en campos nazis.
David Lozano González, estudiou Ciencias Políticas e da Administración na USC onde realizou prácticas en Patrimonio e Urbanismo e investigou sobre socioloxía e as variables electorais. É experto en novas tecnoloxías.
Desde o ano 2021 investiga sobre persoas represaliadas polo Franquismo, e participa na divulgación da Historia reciente. Traballa tamén sobre a Deportación a campos de concentración.
Libro editado pola ARMH e a Deputación da Coruña
Venta:
https://memoriahistorica.org.es/producto/deportados-da-cidade-da-coruna-a-campos-nazis/

«Un sol incoloro»
Juan González del Valle, un intelectual gallego asesinado en el castillo de Hartheim (1941)
Autora: María Torres Celada
Juan González del Valle. Foi un intelectual galego que, tralo golpe de estado de 1936, non dubidou en mobilizarse para defender ao lexítimo Goberno. Despois viría o exilio en Francia, o confinamento en Angoulême, a deportación ao campo de concentración nazi de Mauthausen-Gusen e o seu posterior traslado ao sinistro castelo de Hartheim, onde pereceu asasinado cando contaba 43 anos. Esta obra presenta o seu traballo literario e intelectual e o vivido atrapado entre dúas guerras e o tráxico fin.
María Torres Celada é unha incansable investigadora da causa dos represaliados do réxime franquista e tamén dos deportados a campos nazis, sendo un referente na investigación. Xesús Alonso Montero, autor do prólogo, é un intelectual, catedrático e prolífico escritor.
Venta:

“Avelino García García: Raigames profundas”
Autor: José Manuel López Tuñas
Avelino García García naceu en Maio Pequeno-Negreira- (A Coruña) o 20 de abril de 1914. O libro conta a vida de emigrante en Francia que volta para loitar no bando republicano. En xaneiro de 1939 retornou a Francia onde foi confinado xunto a milleiros dos seus compañeiros no campo de Vernet d Ariege. Detido polos alemáns e ingresado no Campo de Mauthausen.
Despois da súa liberación retornou a Francia, Formou parte da Federatión Nationale des Deportés et Internes Resistants e Patriotes (FNDRIP) adicando o resto da súa vida a manter viva a Memoria dos seus compañeiros deportados.
José Manuel López Tuñas, Mestre e Profesor de Ciencias Sociais, foi Presidente do da Asociación para a Solidariedade Alén Mar. Autor de “Avelino García García:Raigames Profundas”, “A Flor da Figueira”, e outras publicacións en xornais en revistas así como no seu blog Ágora.
Libro editado pola ARMH e a Deputación da Coruña
(Edición esgotada)

“MANUEL RODRÍGUEZ LOURO. Do monte Pindo a Mauthausen”
Autor: Francisco Xosé Fernández Naval
Manuel Rodríguez Louro, naceu en 1.916 en O Ézaro e foi mariñeiro. Fuxido a Inglaterra, retorna para incorporarse á fronte republicana. Exiliouse en Francia e foi destinado, despois de pasar polo campo francés, aos batallóns de traballo do exército francés. Combate contra os alemáns e como prisioneiro é recluido no Stalag XII D de Trèveris, dende onde será trasladado ao campo de Mauthausen o 25 de Xaneiro de 1941. Foi gaseado 16 de setembro de 1.941 en Hartheim, con 25 años de idade.
Francisco Xosé Fernández Naval
Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación. Poeta e narrador, traballa os variados ámbitos da escrita: novela, relato, poesía, literatura infantil e xuvenil, ensaio, literatura da natureza e de viaxes, teatro, guións de cine e televisión e colaboracións en publicacións colectivas, xornais e revistas galegas, españolas, portuguesas e americanas.
Ten máis de cincuenta libros publicados e numerosos galardóns. A memoria é elemento esencial da súa literatura, entendida dende o punto de vista persoal, familiar, histórica e do territorio.
Libro editado pola ARMH e a Deputación da Coruña
(Edición esgotada)

“Martín Ferreiro Álvarez: 1892-1941”
Autor: Equipo de investigación ARMH
Martín Ferreiro Álvarez naceu o 13 de Setembro de 1892 en Val de Quireza, Cerdedo, Pontevedra. Tranládase á Coruña onde se vencella ó ramo da construcción e participa na vida cultural da cidade. Foi concelleiro de Obras no ano 1931. Co golpe houbo de fuxir a Portugal e á zona republicana onde combate na fonte de Levante e Cataluña. Marchou ó exilio e foi confinado en Argelés sur Mer, participa coas CTE e capturado pola Werhrmacht. No ano 1940 foi deportado a Mauthausen. Exhausto na polo traballo na canteira, morre en Gusen en 1941.
Libro editado pola ARMH e a Deputación da Coruña
(Edición esgotada)

“Aquela xente digna”
Autor: Héctor Pose
Durante os anos 1936 e 1937, tres motoras do Porto Piollo de Malpica con 66 homes a bordo en total, fuxen cara á liberdade Cantábrico adiante. O destino é Francia. O que se narra neste breve libro ou novella, é como foi aquela travesía, o que aconteceu ao chegar e, nomeadamente, como lles foi a tres daqueles fuxidos: Antonio Fariña Chouciño, Antonio Suárez Blanco e Luís Rodriguez Villar. Un regresou en 1958, outro en 1978 e outro non voltou xamais, pois morreu enfermo no campo de concentración de Gusen.
Héctor Pose. Profesor na Facultade de Educación da UDC, labor profesional que fai coincidir cun quefacer de condición, a de escribir. Leva publicados trece libros. Por citar algún: “A urna das cartas”, “Doce lúas” (Axóuxere), “Lascas”, “Corpos no mar” e “Atlas sensorial dunha Costa da Morte”.
Libro editado pola ARMH e a Deputación da Coruña
(Edición esgotada)

“Historia de vida de José Seijas Insua
Carral-Barcelona-Mauthausen 1911-1942”
Autores:
Mª Nieves Villar Garrote
Miguel Alonso Cambrón
Reconstrúese a historia de José Seijas Insua nacido en Carral ( A Coruña ) en 1911. Guardia de Asalto en Barcelona e exiliado en Francia, membro da CTE e prisioneiro de guerra en Belfort desde onde é conducido a Mauthausen e asesinado en Gusen o 6 de xulio de 1942
O libro investiga a vida de Seijas coa documentación e os recordos familiares a través dos relatos da filla e as cartas mandadas desde Francia
Mª Nieves Villar Garrote é mestra e colabora na investigación dos deportados a campos de concentración. Miguel Alonso Cambrón e no CSIC de Santiago de Compostela, ten desenvolvido e participado en proxectos de investigación, formación e documentación nos eidos da identidade e a a memoria oral.
Libro editado pola ARMH e a Deputación da Coruña
(Edición esgotada)