Deportados Coruñeses

Campos de prisioneiros de guerra

Entre 50.000 e 60.000 españois dos campos de refuxiados alistáronse nas Compañías de Traballadores Extranxeiros, nun primeiro momento, esta inscripción era voluntaria, pero co estourido da II Guerra Mundial, esta inscrición foi forzosa. Aproximadamente 12.000 foron destinados á construción e mantemento directo da Liña Maginot; un sofisticado sistema de defensa composto por fortificacións, búnkeres e túneles conectados entre si ao longo da fronteira francesa con Alemaña, que se creía inexpugnable. Ante o avance das tropas nazis en Bélxica e Países Baixos, o exército francés e mailo británico crearon unha fronte ao longo da fronteira belga, que conectaba coa Liña Maginot.

Mais os alemáns lograron entrar a Francia na zona de Les Ardenes, na fronteira belga, unha área que debido á súa orografía, os comandantes franceses crían firmemente que non era posible asaltar, ou que de ser asaltada, o avance do exército inimigo ía ser moi lento dando tempo ao exército defensor para reorganizarse, polo que a fortificacións neste punto eran significativamente máis febles, carecendo as tropas de armas antiataque e canóns antiaéreos.

Os exércitos concentrados nesa zona retiráronse cara a Dunkerque, onde entre os días 26 de maio e o 4 de xuño de 1940, tivo lugar unha evacuación naval cara a Dover, nesta praia, había tamén republicanos españoles que estaban alistados na Lexión Estranxeira e seis Compañías de Traballadores Estranxeiros, ás cales non se lles permitiu embarcar ao non ser considerados coma parte do exército francés, morrendo nos combates ou sendo capturados polos nazis.

Na Liña Maginot, seguían resistindo o asedio alemán, pero tras a toma de Dunkerque por parte das tropas nazis, éstas dirixíronse cara a Liña Maginot, co obxectivo de atacala pola retagardia, os oficiais franceses fuxiron, e os republicanos españois destinados na Liña tentaron chegar ata a fronteira auiza, mais a complexa orografía impedíu que moitos puideran chegar e foron capturados polo exército alemán, e os que conseguiron chegar, foron devoltos polas autoridades suizas.

Estes prisioneiros de guerra, foron enviados a campos de prisioneiros de guerra, principalmente a stalags,(aínda que temos constancia de prisioneiros coruñeses que estiveron en frontstalags) abreviatura do termo Stammlager, “campamento principal”, que eran campos destinados a tropas e suboficiais; estes campos teoricamente estaban suxeitos ás normas acordadas no convenio relativo ao trato debido aos prisioneros de Guerra, de Xenebra do ano 1929, as cales, entre outras, estabelecían o dereito dos prisioneros de guerra á ter correspondencia, a unha asistencia sanitaria adecuada, así como regulamentaban o traballo ao que podían ou non podían ser sometidos e as súas remuneracións.

Estes campos estaban vixiados por soldados do exército alemán, e permitíase a entrada de membros da Cruz Vermella Internacional para velar polo cumplimento das medidas acordadas en Xenebra.

Información sobre a batalla de Francia (en inglés)

Documental “Los olvidados de la línea Maginot”

Páxina de turismo de Alsacia que indica os lugares da Liña Maginot que hoxe son visitables

Lista dos campos de prisioneiros de guerra en diferentes países durante a II Guerra Mundial (en alemán, francés e inglés)

Páxina web do memorial do Stalag VII A de Moosburg (en alemán, francés e inglés)

Texto do convenio relativo ao trato debido os prisioneros de Guerra, Xenebra del 27 de julio de 1929 (en inglés)

Convención de La Haya relativa ás leis e costumes da guerra terrestre, do 18 de outubro de 1907 (en inglés)

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad