11 de xullo de 2026
O Circo de Artesáns e a Asociación da Recuperación da Memoria Histórica ( ARMH) celebraron un acto de homenaxe a Arturo García Lagares, co motivo do aniversario do seu asasinato no campo de concentración de Gusen, subcampo de Mauthausen.
Contou ca intervención de Roberto Parga, presidente do Circo de Artesans, Carmen Rodeja, voceira da ARMH, o recitado dun poema adicado a Arturo García Lagares a cargo do escritor Alfredo Ferreiro e unha carta da bisneta Gemma Guitián, quen non puido acudir ao acto lida por Maruxa Boquete.
Acto seguido, entregouse oficialmente o certificado de “custodio permanente da memoria de Arturo García Lagares” ó Circo de Artesans. e rematouse o acto cunha ofenda froral no lugar do stolperstein, sito na rúa de San Andrés, 38
Multimedia


