Marzo de 2026
A Asociación para a recuperación da memoria histórica, co apoio do Concello da Coruña ha lanzado dous podcast sobre a historia de Martín Ferreiro Álvarez e Julio Martínez Arias, deportados coruñeses a campos de concentración nazis. Os dous podcasts foron editados con tons e ritmos diferentes, pretendendo darlle un estilo individual, para dalgunha forma devolverlles esa humanidade que lles foi arrebatada nos campos de concentración. Os podcast están guionizados por David Lozano, montados por Aldán Delgado e producidos por Arraianos produccións, ca participación de Antonio Díaz Otero, investigador sobre a figura de Martín Ferreiro, Xose Lois Martínez, arquitecto, Xose Luis Alamán Ferreiro, neto do deportado Martín Ferreiro, Natividad Martínez, sobriña de Julio Martínez Arias e Francisco X. Fernández Naval, autor do libro «Elexía. Julio Martínez Arias. Da porta de aires da Coruña ao aire de Mauthausen» e a voz en off de Aser Álvarez e David Lozano.
Os podcast poden ser escoitados en diversas plataformas de escoita
Escoita o podcast de Martín Ferreiro
Escoita o poscast de Julio Martínez Arias
Multimedia

