Deportados Coruñeses

A derrota da 2ª República española diante do exército franquista provocou un enorme éxodo de republicanos españois a Francia que fuxían das represalias dos vencedores. A meirande parte deles foron aloxados en campos de internamento no sur do país e logo trataron de emigrar ou fóronse incorporando á vida francesa. Moitos homes foron encadrados en unidades auxiliares do Exército francés ou se integraron na Lexión Estranxeira. A invasión de Francia polas tropas nazis, en 1940, e a rápida derrota do exército francés fixo que moitos republicanos españois foran detidos e tratados inicialmente como prisioneiros de guerra e recluídos en stalags.

A renuncia das autoridades españolas a recoñecelos como compatriotas conlevou a súa deportación a campos de concentración, principalmente a Mauthausen-Gusen, onde foron parar máis de 9000 españois. O exterminio polo traballo e as pésimas condicións de vida, cando non a eliminación directa nas cámaras de gas, fixeron que a maioría non saíse de alí con vida.

Nomes e biografías

Dende que na ARMH empezamos a estudar os casos dos deportados galegos, comprobamos o descoñecemento existente dos seus nomes e das súas vidas.

Decidimos investigar cada caso, contactar coas familias, atendelas e coidalas; e ao fin, divulgar as súas historias.

Con esta publicación pretendemos dalos a coñecer e identificar os casos

Para o recordo permanente.

Porque o seus nomes merecen ser lembrados e a súas vidas recoñecidas.

Proxecto Stolpersteine

O proxecto Stolpersteine é unha iniciativa artística iniciada en 1990 polo artista alemán Gunter Deming. Traducidos literalmente como “pedra que fai tropezar” son pequenas laxes de bronce de 10×10 cm de dimensión que lembran aos deportados do nazismo. Xeralmente sitúanse diante das casas e conteñen información biográfica sobre a súa data de nacemento, data de deportación, campo de concentración no que foi internado e data do asasinato ou liberación. Trátase dun proxecto internacional que conta xa con máis de 100.000 Stolpersteine repartidas por distintas cidades e países de Europa.

Stopersteine na cidade da Coruña

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), en colaboración co Concello da Coruña, é a impulsora deste proxecto na cidade da Coruña, e primeiro en Galicia. Un proxecto que recoñece os nomes de dezasete veciños nosos deportados a campos nazis, froito dun laborioso proceso de investigación e da procura de familiares daqueles deportados.

Novas e actos

Actos de homenaxe e divulgación sobre a deportación de coruñeses

últimas novas

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad